AMOEDO

Fotografía · Vídeo · Cor
Portfolio / Galiza

Juan Amoedo, fotógrafo e creador audiovisual

Traballo a fotografía, o vídeo e a dirección de cor cunha ollada narrativa. Interésame a luz natural, a xente e o contexto: retratos, concertos, moda e proxectos documentais nos que cada imaxe responde a unha historia.

Formeime en Produción Audiovisual e na EASD Mestre Mateo (A Coruña), onde aprendín a pensar cada proxecto como un relato completo, do guión á entrega final. Dese método veñen a paciencia do retrato e o rigor da cor.

Equipo: cámara mirrorless con ópticas fixas, gravación de son en directo e etalonaxe en DaVinci Resolve. Traballo en Galiza e alí onde vaia unha historia.

Revelando o CV

Formación

  • EASD Mestre Mateo (A Coruña) — Produción Audiovisual
  • Especialización en dirección de fotografía e cor

Experiencia

  • Retrato editorial e moda para marcas e publicacións
  • Fotografía de concertos e directos
  • Dirección de cor e etalonaxe para vídeo
  • Proxectos documentais e memoria familiar (TENLO, 404)

Ferramentas

  • DaVinci Resolve · etalonaxe e color
  • Adobe Lightroom / Photoshop
  • Premiere Pro · montaxe
  • Cámara mirrorless e ópticas fixas

Contacto directo

[email protected]