1. Responsable do tratamento

O responsable do tratamento dos datos persoais é Juan Amoedo. Contacto: contacto@juanamoedo.com.

2. Que datos se tratan

Este sitio non recolle datos persoais de forma automática. Só se tratan os datos que a persoa usuaria envía voluntariamente por correo electrónico ou a través das redes sociais.

3. Almacenamento local

O sitio garda no navegador (localStorage) a preferencia de idioma (galego/castelán). Este dato non se transmite a terceiros e pódese borrar desde a configuración do navegador.

4. Dereitos

Podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade escribindo a contacto@juanamoedo.com.

5. Lexislación

O tratamento dos datos réxese polo Regulamento (UE) 2016/679 (RGPD) e a Lei Orgánica 3/2018 de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.